Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONCERTO DE CANTOS NA MARÉ

O océano que nos une

Máis de 700 persoas gozaron o sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra do espectáculo de Cantos

Redacción - 11:00 17/12/2007

Unha mesma lingua, e un mesmo océano, o Atlántico que une tres continentes: América, África e Europa. Un océano polo que flúen as músicas de Galiza, Portugal, Brasil, Guinea, Cabo Verde, Angola..., e onde se mesturan, onde se contaminan mutuamente para dar lugar a algo como o que se puido ver o sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra. Un concerto no que ademais dos artistas anunciados (Uxía, Manecas Costa, Ceumar, Mercedes Peón, JP Simoes ou Nancy Vieira), puideronse ver sorpresas, como a intervención de Budiño ou de Batuko Tabanka.

Cantos na Maré pechou unha semana ateigada de actividades, que serviu como escaparate das músicas que se realizan no espazo da Lusofonía, mais tamén como punto de encontro entre artistas, e como lugar para o debate sobre as industrias culturais.

Repertorio do concerto

1. CANTOS NA MARÉ..................... (UXÍA+MANECAS COSTA)
2. AS NOSAS CORES..................... (UXÍA+CEUMAR)
3. DINDINHA................................... (CEUMAR)
4. AVESSO..................................... (CEUMAR) (guitarra + piano+ cello)
5. 1970 RETRATO.......................... ( J.P SIMÕES)
6. VESTIDO VERMELHO............... ( J.P SIMÕES)
7. SE POR ACASO..................... (J.P SIMÕES+LUANDA COZETTI)
8. ETERNO NAVEGAR................... (UXÍA + guitarra Manecas)
9. NANA-REGGAE.......................... (MERCEDES PEÓN)
10. INMATERIAL............................... (MERCEDES PEÓN+ X. MANUEL BUDIÑO)
11. É MORNA................................... (NANCY VIEIRA)
12. ESPERANÇA DI MAR AZUL...... (NANCY VIEIRA)
13. PERTO DI BO......................... (NANCY VIERIA+MANECAS COSTA)
14. LUS............................................. (NANCY VIEIRA) con Batuko Tabanka
15. ACHOU....................................... (CEUMAR)
16. PARALÁ...................................... (M. PEÓN +coros Uxía, Nancy e Ceumar)
17. IRMONS DI TERRA.................... (MANECAS COSTA)
18. PEIXINHO DO MAR.................... TODOS OS ARTISTAS


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Ceumar, Uxía e Mercedes Peón cantando 'Paralá'
Ceumar, Uxía e Mercedes Peón cantando 'Paralá'