Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ocupación de Iraq

O Reino Unido devólvelle o control de Basora ás autoridades iraquís

O proceso de transferencia de poder comezou hai tres meses. Segundo unha enquisa, os habitantes de Basora arelan a retirada británica.

Redacción - 13:25 16/12/2007
Un soldado británico, este semana en Basora

Un soldado británico, este semana en Basora

Este domingo, o exército británico fixo oficial a entrega do control da cidade de Basora ás autoridades iraquís, co que abandona deste xeito a última das posicións ocupadas no sur do país.

O proceso de transferencia de poder comezou hai tres meses, cando o exército británico abandonou as súas posicións da cidade, así como da base aérea anexa. De aquí en diante, as tropas iraquís serán as responsábeis de controlar a seguridade na zona.

Até que abandonen definitivamente o país, as forzas militares do Reino Unido intervirán en combate só se son atacados ou se reciben unha petición de axuda por parte do mando iraquí. Dentro de tres meses o número de efectivos británicos reducirase a pouco máis da metade dos 4.500 soldados presentes actualmente en Iraq.

Os habitantes de Basora arelan a retirada británica. Nunha recente enquisa publicada pola BBC, máis dun 85% da poboación da cidade consideraba que a presenza dos soldados de Reino Unido tivera un efecto negativo na provincia, e dous terzos estimaban que a situación de seguridade melloraría tras a súa retirada.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: