Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DIFUSIÓN DAS OBRAS EN LINGUA CATALÁ

A 'Institució de les Lletres Catalanes', cara á súa refundación

O Instituto Ramón Llull, o Instituto Catalán de Industrias Culturais e o Consello da Artes foron restándolle competencias a este órgano nacido en 1937.

Redacción - 09:45 16/12/2007

A Institució de les Lletres Catalanes é unha entidade autonoma do Departamento de Cultura da Generalitat que ten a función de difundir as obras dos autores cataláns. O organismo celebra estes días un dobre aniversario: o dos setenta anos de fundacion (1937) e os vinte da súa refundación (1987). Porén, a constitución nos últimos anos do Institut Ramon Llull para promover a cultura catalana no exterior, e do Institut Català d'Indústries Culturals restoulle diversas atribucións. A isto únese a inminente constitución do Consell de les Arts.

Todo iso fai que se plantexe a refundación do organismo e que o Conseller de Cultura da Generalitat, Joan Manuel Tresserras, reclame unha "especialización das súas funcións", centradas en potenciar o coñecemento e a difusión das letras catalanas. O actual director do Instituto, Oriol Izquierdo, estivo de acordo co proxecto de redefinición: 'habemos de traballar para que os escritores cataláns sexamos recoñecidos como propios da sociedade e útiles. Porque es letras axúdannos a definirnos, a dicirnos quen somos".


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: