Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MÚSICA DENDE VALGA E LUGO

Noise Project e Telémaco xa teñen video

Os de Valga e os de Lugo estrean ao tempo os clips de I e O xadrez de Mr. Spock

Redacción - 10:30 26/12/2007

Nas cancións do primeiro álbum de Noise Project, Teleclube (A Regueifa Plataforma, 2007), están os sons de The Cure e Joy Division e moito ruido, claro. Comezaron a tocar en 2004 no Teleclube de Valga e debutaron en 2005. No 2007 chegaron o primeiro álbum, que se pode descargar de xeito gratuito, e agora, o primeiro vídeo, I.

Telémaco, pola súa banda, son de Lugo, e tamén andan a presentar o seu primeiro traballo, Outotono, que igualmente se pode descargar gratuitamente aquí. Outótono estará formado por catro discos, dedicados cada un a un dos catro elementos, que serán gravados en directo e editados conxuntamente. Polo momento rexistráronse Aire e Terra. Unha conxunción de música electrónica, jazz, ambient e outros estilos. Agora presentan o seu primeiro vídeo, O xadrez de Mr. Spock


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Noise Project
Noise Project
Telémaco
Telémaco