Unha compañía de videoxogos vai desenvolver xoguetes controlados mediante ondas cerebrais.
As compañías SEGA e NeuroSky anunciaron esta semana unha alianza estratéxica para desenvolver xoguetes controlados por ondas cerebrais e outros sinais biolóxicos.
Aínda que non se coñecen os detalles, os analistas interpretan que ambas as compañías pretenden incorporar esta tecnoloxía aos xoguetes-robot desenvolvidos por SEGA.
NeuroSky creou xa un dispositivo semellante a un casco que pode utilizar formas simplificadas de encefalografía para controlar videoxogos.
Máis informacións nas webs das compañías.