Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AGRUPACIÓN ASTRONÓMICA IO

O xoves á noite poderase gozar da mellor chuvia de estrelas fugaces do ano

O colectivo astronómico coruñés ofrece recomendacións para a observación do fenómeno.

Redacción - 09:00 13/12/2007
Imaxe das Xemínidas do 2006 dende Roundtimber (Texas, EUA) / Foto: Jason A. C. Brock + NASA

Imaxe das Xemínidas do 2006 dende Roundtimber (Texas, EUA) / Foto: Jason A. C. Brock + NASA

A noite do xoves 13 ao venres 14 poderase gozar da maior chuvia de estrelas fugaces do ano. As denominadas Xemínidas, porque parecen proceder da zona da constelación dos Xemelgos, poderanse ver este ano a simple vista, tanto polo feito de que a Lúa se poñerá cedo, ás dez da noite, como pola previsión de que os ceos estean despexados.

A Agrupación Astronómica Io, da Coruña, informa de que o mellor xeito de ver o espectáculo será situarse mirando cada ao oeste nunha zona libre de obstáculos que dificulten a visión do ceo, a poder ser lonxe das luces das cidades. Tamén se recomenda levar protección contra o frío, pois prevense temperaturas baixo cero en moitos puntos do país, como un bo abrigo, unha bufanda grosa, unhas luvas, un pucho e un termo con algunha bebida quente.

Calcúlase que nos momentos de máxima actividade pódense ver unha media de 120 estrelas fugaces por hora, en condicións óptimas de observación. En zonas urbanas poderanse ver, como moito, un par delas. O mellor momento para ver a chuvia de estrelas será arredor das tres da madrugada, aínda que as haberá dende primeira hora da noite do xoves.

As Xemínidas son pequenas partículas de po que entran a gran velocidade na atmosfera dende o espazo e se desintegran, producindo estelas visíbeis. Teñen a súa orixe no rastro do asteroide 3200 Phaethon, que se cre que poden ser os restos dun cometa que perdeu a capa de xeo que caracteriza estes astros.


4,29/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Esquema da zona do ceo onde se pode ver a chuvia de estrelas
Esquema da zona do ceo onde se pode ver a chuvia de estrelas