As proxeccións terán lugar no primeiro cuatrimestre de 2008
Despois de que Cinemas Dixitais levase ás vilas do país trece dos máis destacados telefilmes galegos do últimos anos, agora tócalle a quenda aos documentais. Nos primeiros meses de 2008 proxectaranse en máis de cen concellos un total de 17 documentais, a meirande parte realizados en 2006 e 2007. Tamen no primeiro trimestre do ano poñeranse en marcha novos ciclos como Curtametraxes galegas 1, Galicia animada e Documentais galegos 2, cuxos contidos se anunciarán en vindeiras datas.
Os documentais que viaxarán por Galiza son os seguintes:
1. UN METRO CADRADO (2006) + A CASA DE LOLA DE ANDRES (2006)
2. A CIDADE PERDIDA (2006)
3. BANDOLEIROS OU GUERRILLEIROS (2006) + LOBOS SUCIOS (2006)
4. TRABALLADORES DO CONTRABANDO (2006)
5. A MEMORIA DOS TEMPOS DO VOLFRAM (2003)
6. MEMORIAL DE CAMPOSANCOS (2006)
7. OS SATELITES (2006)
8. ISAAC (2007)
9. VILABOA, MIRANDO Á MECA (2006) + MUNDO BAZAR (2006) + CABO VERDE, SABI (2006)
10. BS. AS. (2006)
11. AS ENCROBAS, A CEO ABERTO (2006)
12. HISTORIA DUNHA PARROQUIA (2007)
13. 2050. HOW SOON IS NOW? (2006)