Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ATENTADOS

Dous ataques suicidas deixan ducias de mortos en Arxel

Os coches que explotaron tiñan como obxectivo o edificio do Consello Institucional e unha comisaría

Redacción - 12:17 11/12/2007

A violencia sacudiu este martes pola mañá a capital de Alxeria. Dous coches bombas estouraron deixando, até o de agora, máis de 40 vítimas mortais. Segundo as primeiras informacións, alomenos un dos vehículos estaba pilotado por un condutor suicida. Os coches tiñan como obxectivo o Consello Institucional e unha comisaría, respectivamente.

Os atentados provocaron o pánico na poboación e, segundo informan as axencias de noticias, está a haber graves problemas para as comunicacións telefónicas. Algúns medios, como Liberation, fan fincapé na data elixida un día 11 (igual que no caso dos atentados so 11-S nas Torres Xemelgas e do 11-M, en Madrid)


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: