Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No aniversario da estrea do himno

Anxo Quintana: "O himno segue a cantar a Galiza que quere ser dona de si mesma"

Na súa homenaxe ao himno, o vicepresidente da Xunta fixo un chamamento a que "os bos e xenerosos poidamos exercer as nosas liberdades como nación".

Redacción - 18:00 08/12/2007

"O himno é o canto da Galiza que se sente responsable do seu porvir", reflexionou Anxo Quintana este sábado, coincidindo cos actos que na Habana recordarán a estrea hai cen anos do himno galego. O vicepresidente falou dos versos de Pondal e a música de Pascual Veiga como referentes sobre os cales o pobo galego pode unirse na reclamación da súa "personalidade nacional". "A bandeira e o himno son os símbolos que representan a Galiza no mundo, representan oficialmente ás galegas e aos galegos", observou Quintana.

Ao fío deste cen aniversario da primeira vez que se interpretou en público o himno do país, en 1907 na capital de Cuba, o vicepresidente da Xunta quixo evocar os tempos en que a sociedade galega "comezou a recoñecerse como suxeito de dereitos políticos" e botou man de símbolos de "identidade". Así, Quintana chamou a seguir o camiño na ampliación das "capacidades soberanas para construír un novo espazo de cidadanía que nos permita o exercicio real dos nosos dereitos; así asegurar a normalización da nosa cultura e da lingua galega, para desenvolver o potencial da nosa economía como garante de benestar, igualdade e solidariedade".


3,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: