Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Advertencia de WWF

Feridas mortais "no pulmón da Terra"

A rede ecoloxista WWF aproveitou a xuntanza de Bali contra o cambio climático para denunciar que a Amazonía aproxímase a un punto de destrución difícil de corrixir.

Redacción - 09:00 07/12/2007

Cos responsábeis da comunidade internacional enleados na negociación sobre iniciativas concretas a despregar contra o cambio climático, os ambientalistas sinalan un foco de atención clave. Segundo o informe coñecido esta semana, o cambio climático está "acelerando" a destrución do Amazonas, levando o mundo a "un punto sen retorno".

Arredor do 60% da selva amazónica pode desaparecer antes de 2030, resultado dos gases de efecto invernadoiro e da deforestación masiva. WWF avisa de que ese ritmo de destrución do que se considera que é o máis importante "pulmón" do planeta, causaría a emisión de ate 96 mil millóns de toneladas de dióxido de carbono, o equivalente aos gases de efecto invernadoiro emitidos en todo o mundo durante dous anos. A ferida de morte da Amazonía, un dos "estabilizadores" clave do clima do mundo, tería efectos na temperatura global, precipitacións e mesmo influiría nalgunha das grandes correntes oceánicas.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Talas e queimas aceleran a destrución da selva amazónica /Foto: WWF
Talas e queimas aceleran a destrución da selva amazónica /Foto: WWF