Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Nova vía de impulso

Música galega de balde na Internet

Falcatruada permite aos internautas descargar dende a súa páxina os discos promocionais dos seus artistas.

Redacción - 10:14 05/12/2007

O selo discográfico únese á iniciativa de ofrecer música de xeito gratuíto, que xa comezaron outros grupos a nivel internacional obtendo moi bos resultados, como foi o caso nos últimos meses do In Rainbows de Radiohead. Neste caso, a produtora galega busca a promoción dos seus artistas indo máis alá do conflito desencadeado polos problemas que supoñen para as discográficas os programas P2P (nos que se comparte a música entre os usuarios). Os temas, que se ofertan en exclusiva na súa web, poden descargarse completos en formato mp3.

Os internautas que se acheguen até a páxina desta compañía, poderán gozar, a través do Clube Dixital e de forma gratuíta de até 3 temas dos novos álbums de músicos galegos como Xosé Manuel Budiño, Narf, The Homens, Silvia Penide, Xosé Lois Romero, Loretta Martin e Nordestin@s. Dende ese mesmo espazo dixital, tamén se pode mercar o disco completo en mp3 ou en soporte CD.

Con esta oferta, os de Falcatruada continúan cos seus obxectivos de crear unha plataforma de servizos para grupos musicais que serva como estrutura de apoio aos músicos emerxentes en Galiza.

Podes escoitar aquí algún dos temas ofertados:

Budiño Inmaterial (con Mercedes Peón)



The Homens Calamar



Loretta Martin


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



The Homens. Foto: janite
The Homens. Foto: janite