Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
VENDAS ONLINE

eBay levado á xustiza pola autoridade das casas de poxas

O Consello das vendas voluntarias de mobles nas poxas públicas, que representa as casas de poxas, levará a xuízo o sitio de poxas en liña eBay, por infracción da lei que regula as vendas, anunciou esta autoridade de regulamento

Redacción - 17:16 04/12/2007

O Consello  levará eBay perante o tribunal de Primeira Instancia de París por infración da lei de 10 de xullo de 2000. Segundo o Consello, eBay "pasa abertamente" desta lei que prevé unha obriga de autorización da sociedade e unha habilitación dos tasadores para vender nas poxas públicas, coa fin de protexer ó consumidor.

As casas de poxas consideran que "máis alá dunha competencia desigual entre operadores controlados", esta situación "xera a multiplicación de poxas de bens co menosprezo das disposicións xerais sobre o dereito da venda pública, así como das lexislacións específicas", en canto a ocultación, falsificación, protección dos consumidores e rendas encubertas.

Outra acción en contra Exlinea
O sitio de poxas respondeu que esta asignación era "completamente inxustificada xa que as actividades de eBay e tasadores son distintas, como o lembra a lei".

O Consello anunciara realizar o mesmo tipo de acción a finais de novembro contra a sociedade Exlinea, que vende coches de ocasión nas poxas de Internet, sen ter recibido a autorización.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: