Con artistas como Juan Genovés, Magdalena Abakanowicz, Roberto Barni, Lucio Muñoz ou Alberto Corazón.
Francisco Leiro, un dos escultores galegos de maior proxección internacional, expón simultaneamente en Compostela e Barcelona. Na Fundación Caixa Galicia de Compostela pódense ver sete esculturas, entre elas varias da serie sobre o Prestige, que foron adquiridas para o fondo desa institución. Na Marlborough Barcelona participa nunha colectiva cunha peza de bronce de tamaño reducido titulada Carrier. Pódense ver varias pezas desta exposición na web da galería, incluída a de Leiro.
Exposición Espais d’agitació
Galería Marlborough Barcelona
c/ València, 284, 1r 2a
De luns a sábado de 11:00 a 14:00 h e de 16:30 a 20:30 h.
Até o 29 de febreiro de 2008.
---
Exposición Francisco Leiro
Sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago
Rúa do Vilar, 19
De luns a venres de 12:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 h.
Sábados, domingos e festivos de 12:00 a 21:00 h.
Até o 13 de xaneiro de 2008.