O diñeiro virtual, contado en Linden dólares, é convertible en efectivo contante e soante
Pódese "pinchar" o diñeiro virtual grazas a un fallo no sistema de seguridade, revela Dean Takahashi, do Mercury News.
A operación faise cando un avatar mostra un vídeo a outro. Todo iso é un pouco complicado pero realizable, segundo un dos expertos en seguridade que descubriu o fallo. É potencialmente importante na medida que numerosos usuarios de Second Life gañan diñeiro neste mundo virtual. Hai incluso quen gaña a súa vida.
Descuberto por expertos en seguridade, o fallo debería atallarse rapidamente.
Máis aló do divertido que poida resultar esta idea de carteirista nos mundos virtuais, Takahashi fai fincapé na importancia da seguridade nestes novos tipos de espazos.