Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PERMITIRÁ A EXHIBICIÓN DE FILMES NON COMERCIAIS

Nace REDestreas, un conxunto de espazos para a difusión audiovisual

A rede comezará a funcionar na Coruña, Pontevedra, Ourense, Santiago, Vigo e Cambados

Redacción - 12:35 03/12/2007

A Axencia Audiovisual Galega, en colaboración coas Concellerías da Cultura das grandes cidades e vilas galegas, está creando un servizo de apoio ás estreas de curtametraxes, documentais ou longametraxes sen distribución comercial, denominado REDestreas.

Polo momento a rede está conformada polas cidades da Coruña (no Forum Metropolitano), Pontevedra (no Teatro Principal), Ourense (no Auditorio de Ourense), Santiago (no Centro Sociocultural das Fontiñas ou, excepcionalmente, para estreas colectivas, o Teatro Principal) e Vigo (Auditorio Municipal) ou vilas como Cambados (centro comarcal do Salnés).

O servizo de REDestreas ven cubrir unha demanda dos creadores e produtores dos proxectos audiovisuais galegos que non tiñan un lugar axeitado para a súa primeira presentación ante os espectadores.

Cinemas Dixitais

En paralelo, a Axencia Audiovisual Galega mantén en marcha a iniciativa Cinemas Dixitais, unha rede alternativa de exhibición de filmes en soporte dixital ao longo da xeografía galega. Neste primeiro trimestre de actividade, entre outubro e decembro, Cinemas Dixitais achegará trece telefilmes galegos a máis de sesenta concello de toda Galiza.

A programación está configurada, na súa meirande parte, por produción audiovisual galega. Nesta plataforma tamén terán cabida producións alleas, tras chegar acordos de exhibición con administracións doutras cinematografías que tutelen as súas respectivas producións audiovisuais. En definitiva trátase de crear "un mundo paralelo" ao cinema comercial convencional.


Ligazóns

5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: