O Pazo de Mariñan acolle este sábado e domingo o V Encontro de Escritores Galegos, que este ano analizará Os ámbitos da tradución.
Valentín Arias López, que dirixiu a tradución ao galego de O Quixote, O estranxeiro e das obras de Julio Verne A volta ó mundo en oitenta días e Viaxe ó centro da terra, será o encargado de pronunciar a conferencia inaugural das xornadas.
Ademais, ao longo da fin de semana presentaranse seis comunicacións sobre os tres xéneros literarios (narrativa, poesía e teatro), a cargo de Francisco Pillado, Miguel Pérez Romero, Henrique Harguindey, Manuel Bragado, Darío Xohán Cabana e Miguel Anxo Fernán Vello.