Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'SIZO' ACTÚA EN CARBALLO, VILALBA E A CORUÑA

O rock tamén ven de Portugal

O venres 30, en Carballo, Sizo telonearán a The Homens, que o sábado repiten en Vigo, na Fábrica de Chocolate

Redacción - 12:35 30/11/2007



A pasada semana actuaron en varias cidades do norte de Portugal 6PM, que esta fin de semana completan en Vigo e Lugo a xira de presentación do seu primeiro e aclamado álbum. Antes fixérano Triángulo de Amor Bizarro, The Homens ou Colectivo Oruga. Pero a relación é de ida e volta. O cuarteto de Porto Sizo fan un rock ruidoso, rápido e bailábel, e acaban de editar o seu primeiro álbum, Nice to Miss You, que pode ser desacargado gratuitamente na súa páxina. Sizo presentarán en Galiza as súas guitarras sucias e voces distorsionadas en tres concertos.

O venres 30 estarán na sala Reserva de Carballo, acompañando a The Homens, que continúan a xira de presentación de Tres (22.30 horas, 6 euros) e que o sábado actuarán na Fábrica de Chocolate de Vigo. O sábado a cita é no pub Fardella de Vilalba (23 horas, entrada de balde). Finalmente, o domingo Sizo estarán na FNAC da Coruña a partir das sete e media da tarde.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



'Sizo' foron moi celebrados este verán en Paredes de Coura
'Sizo' foron moi celebrados este verán en Paredes de Coura