O programa Thalassa emite unha reportaxe realizada na Illa de Arousa sobre a influencia catalá na orixe da industria conserveira en Galiza.
O reporteiro Josep-Anton Trepat volve á costa galega, desta vez para ofrecernos un traballo sobre a relación dos conserveiros cataláns no desenvolvemento da industria conserveira galega. A reportaxe parte da iniciativa de Concello da Illa de Arousa para converter a antiga fábrica da familia Goday (orixinaria da vila catalá de Canet de Mar) nun museo sobre a conserva.
Na mesma edición do programa Thalassa emitirase unha reportaxe sobre a caza de focas no Canadá, onde o goberno permite unha masacre anual de 325.000 exemplares.
Reportaxe: Galicia, a orixe das conservas
Thalassa, Canal 33 (Televisió de Cataluya)
Venres, 30 de novembro de 2007, 21:56 h
Televisió a la Carta, de balde por internet os primeiros días a continuación da emisión.