A Fundación Curros Enríquez comezou a recoller en 2002 as adhesións a prol do escritor.
X.L. Méndez Ferrín
A Fundación Curros Enríquez de Celanova anunciou que vai remitir nos vindeiros días 3.395 sinaturas de apoios á candidatura do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín ao Premio Nobel de Literatura. As sinaturas vanse unir ao expediente elaborado polo Pen Clube de Galiza para propoñer ao poeta e narrador na Academia sueca.
Aproveitando as raíces familiares que Ferrín ten no municipio de Celanova, concretamente no lugar de Vilanova dos Infantes, a fundación encetou en 2002 a tarefa de recoller sinaturas de apoio entre os veciños e visitantes que vistaban a localidade nun libro exposto na Oficina de Información e Turismo do Concello de Celanova e posteriormente na Casa dos Poetas.