Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Remata o ciclo de conferencias

Leccións contra o socialismo "sen socialistas" no peche de ''Pobre Mundo Rico''

François Houtart, referencia do altermundismo, criticou a ambigüidade coa que en política se tira de expresións coma "socialismo".

Redacción - 09:00 30/11/2007

"O que hai que facer é avaliar as políticas que o partido leva a cabo", explicou François Houtart, sinalando que esas políticas e non o nome que se outorgue a si mesmo un partido, serán o que explique a verdadeira natureza desa formación.

De xeito expreso, o experto reprochoulle ao PSOE que despregue políticas "propias dun partido neoliberal" e non dunha forza política socialista. "Un socialismo caracterizado por defender os intereses capitalistas no exterior non é socialismo", subliñou. No mesmo acto, o brasileiro Frei Betto, referencia da teoloxía da liberación, falou do actual presidente do Brasil, Lula da Silva, e demostrou a súa decepción coa traxectoria política acumulada polo líder do Partido dos Traballandores asegurando que na súa opinión agora mesmo Lula "non ten nada de socialista". Así, Betto laiouse de que o mandatario non fose quen de "cambiar as vellas estruturas" do sistema socioeconómico brasileiro.

Coas intervencións de Houtart e Betto remata o ciclo de conferencias Pobre Mundo Rico, organizado polo Club Internacional de Prensa, CIP, que durante as últimas semanas levou por todo o país as voces de importantes expertos na loita contra as desigualdades sociais. A directora do CIP, Carmen Carballo, avaliou positivamente o desenvolvemento das conferencias e considerou que se cumprira o obxectivo de concienciar a sociedade sobre a necesidade de actuar fronte á pobreza.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: