Un blogueiro estadounidense atopa na noite de Acción de Grazas a silueta do deus da relixión pastafari.
A semellanza é asombrosa / Foto: Duke Ferris
Un estadounidense conta no seu blog como unha imaxe do Monstro Voador de Espaguete apareceu na torta de cabaza que a súa muller cociñara para o día de Acción de Grazas. A divindade da relixión Pastafari, representada pola Igrexa do Monstro Voador de Espaguete.
Duke Ferris fixo o asombroso descubrimento, o primeiro do que se ten constancia, a noite da festividade estadounidense, despois de que a súa muller Miranda preparase a sobremesa. Ferris cre que esta aparición conseguirá atraer máis fieis para a causa.
O rito naceu en 2005 como reacción á decisión do Consello de Educación de Kansas (EUA) de impartir nas escolas a teoría creacionista paralelamente á teoría da evolución. Os seguidores do pastafarismo queren que o seu credo tamén forme parte do currículo das escolas.