Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DESPOIS DE CATRO SEMANAS DE AULAS

Finalizan as I Xornadas Virtuais de Literatura

O mércores 28 ten lugar a derradeira conferencia das I Xornadas Virtuais de Literatura, organizadas pola AELG, coa intervención de Óscar Sánchez e Mercedes Queixas

Redacción - 16:54 28/11/2007

Durante os últimos catro mércores de novembro os inscritos nas xornadas organizadas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) puideron asistir dende os seus ordenadores novos enfoques e contidos sobre a obra de Xosé María Álvarez Blázquez e sobre Agustín Fernández Paz, ofrecidos por algúns dos maiores especialistas do país na materia, como Xavier P. Docampo, Ramón Nicolás, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Víctor Freixanes ou Pedro Silva.

O mércores 28 teñen lugar as últimas clases das xornadas, impartidas por Óscar Sánchez que falará sobre Xestión da información: pesquisas na rede sobre X. Mª Álvarez Blázquez, e Mercedes Queixas, que fará unhas Propostas de unidades didácticas sobre a obra de X. Mª Álvarez Blázquez.

Os distintos relatorios foron retransmitidos en directo dende a Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña. Ademais, os materiais que formaron parte das xornadas fican dende agora a disposición do público en xeral. A AELG manterá activo un espazo para rendibilizar o encontro de escritores, profesionais e interesados arredor dos temas tratados e permitir o troco de experiencias e materiais ao longo do curso escolar, así como a publicación de materiais de interese.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: