Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Anuncio de George Bush no Cumio de Annapolis

Abbas e Olmert 'pelexarán' por acadar un acordo de paz antes de 2009

Os delegados palestinos e israelís iniciarán conversacións bilaterais inmediatas. Namentres, o líder de Hamás afirmaba que a conferencia "está condenada ao fracaso".

Redacción - 18:50 27/11/2007

O presidente de EUA, George Bush, anunciou este martes, na apertura da conferencia de Annapolis, que israelís e palestinos chegaron a un acordo conxunto para iniciar conversacións inmediatas e bilaterais, co fin de alcanzar un acordo de paz exhaustivo antes de finais de 2008.

Pouco antes, un alto responsábel israelí afirmou que alcanzaran cos palestinos un acordo sobre un documento común ao redor das futuras negociacións de paz, que se dará a coñecer na cimeira.

Namentres, Ismail Haniyeh, líder de Hamás, reiterou o seu rexeitamento a calquera acordo alcanzado na reunión de Annapolis, que dixo "está condenada ao fracaso".

Decenas de miles de palestinos uníronse este martes a concentracións contra Annapolis en Gaza e Cisxordania, cantando 'Morte a Israel' e acusando a Mahmoud Abbas de traidor.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: