As cervexeiras brasileiras Antarctica e Brahma acusaron onte a Secretaría de Dereito Económico (SDE), dependente do Ministerio da Justiza, de incentivar a entrada dun grupo estranxeiro no mercado de cervexa do país. A SDE recomendara que a monopolística Compañía de Bebidas das Américas (AmBev) vendese todos os activos (fábricas e marcas de bebidas). Todo isto acompáñase dalgúns comentarios inquedantes feitos por empresarios cervexeiros europeos en Davos. E é que, cando a calor de Río ou San Paulo tira polo peito unha cervexiña fría pode ser un gran negocio. Máis información no Canal Lusofonía de Vieiros.
.