As seleccións galegas de halterofilia e de squash gañaron a pasada fin de semana cadanseu subcampionato estatal.
Esta fin de semana disputouse en Iruña o V Campionato Estatal Sub17 de halterofilia, no que a selección galega terminou de segunda na modalidade feminina, e de terceira na masculina, cun total de 13 medallas. Ademais, os galegos e mailas galegas conseguiron 18 novas marcas a nivel nacional.
Moi destacábel a actuación de Alberto Díaz, do C.H. Ferrol, que cun peso corporal de 68,2 kg acadou 14 novas marcas para a halterofilia galega, mentres que Víctor Castro, do C.H. Coruña, estableceu 4 novos rexistros na categoría de 50 kg.
Xenial tamén para o squash!
No squash, a selección galega feminina tamén rematou segunda no Campionato Estatal de Seleccións Autonómicas, celebrado esta fin de semana en Mijas Costa (Málaga).
A viguesa Xisela Aranda e as compostelás Margarita Navarro e Carla Férnández formaban a selección que venceu a Andalucía e a Madrid pero que finalmente caeu ante Valencia.