As represalias teñen lugar logo dos últimos ataques da resistencia palestina.
A guerra tamén se libra no día a día e ten o seu compoñente psicolóxico. O goberno israelí anunciou este xoves unha “reducción do subministro eléctrico en Gaza” a partir do día 2 de decembro, uns días despois de que se celebre a comeira de Annapolis.
A medida é unha represalia polos ataques que lanzou a resistencia palestina contra o sur de Israel.Hai que lembrar que Gaza xa ten bloqueada a entrada libre de combustíbeis dende hai meses. Con estas medidas o goberno de Tel-Aviv intenta desgastar a primacía de Hamás no territorio.