Xerais presenta en Vigo Chispas de Quesada, unha antoloxía de duascentas viñetas de Quesada publicadas no Faro de Vigo dende 1967 até a actualidade
Chispas de Quesada recolle a visión irónica e crítica da actualidade política, social e deportiva de Galiza e, especialmente, da cidade de Vigo, realizada polo decano dos humoristas galegos en exercicio nos úlitmos corenta anos. Fernando Quesada Porto publica no Faro de Vigo estas viñetas dende 1967, e de xeito diario dende hai 36 anos. En total 16 mil cadriños que teñen debuxado con humor a sociedade galega das últimas décadas. O libro abre unha serie de antoloxías na que Xerais pretende recoller a obra dos mellores humoristas gráficos galegos.
A presentación terá lugar no Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Vigo a partir das oito da tarde e ao acto asistirán, acompañando ao autor, Ceferino de Blas e Manuel Bragado.