Xurxo Romaní edita un disco no que a zanfona busca camiños dentro das músicas contemporáneas, o jazz e o funk, feito en colaboración co guitarrista catalano-xaponés Amadeo Tanehashi. Pódese descargar de balde na web A Regueifa.
O diaño e a mona, nome do traballo do zanfonista, brinca e rende homenaxe á expresión que os seus paisanos galegos usaran para se referiren ás sorprendentes novidades tecnolóxicas que lles amosaran imaxes en movemento a principios do século XX. Con este motivo, o músico presenta un instrumento tradicional, a zanfona, actualizándoo e brincando con el con outras músicas lonxe do folk.
Xurxo Romaní xa ofrecera o ano pasado unha mostra da súa música, tamén na Regueifa, "
Mandranugalla", que co nome xogaba a combinar as palabra catalá, "mandra", e a galega para se referir á "preguiza" ou á "nugalla". Este traballo, de feitura máis tradicional comparado co de hogano, leva un par de temas remesturados por
Fanny + Alexander.