 
 
O Centro Social 'A Esmorga', de Ourense organiza o venres 23 unha particular homenaxe ao Rei e á monarquía, baixo o título de 'Por que nom te piras?'
Na Esmorga queren sumarse aos repetidos actos de apoio á monarquía que nas últimas semanas se veñen producindo en todo o Estado. O venres 23, a partir das once e media da noite, os ourensáns que o desexen poderán achegarse polo centro social, situado na rúa Telleira (zona da Universidade) para realizar unha "sentida homenagem à instituçom monarquica e a tudo bom que ela representa: bonachona, endogamia, regatas...".
A festa, titulada Por que non te piras?, incluirá música, troula e esmorga, e mesmo unha "aula de potro-colo".
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto