O parlamento das Illas aprobou na terza feira o emprego do dominio catalán en todas as súas webs institucionais. Todos os partidos apoian o cambio, agás o PP.
O pleno del Parlamento das Illas Baleares aprobou unha proposición non de lei que lle pide ao goberno que todas as webs institucionais empreguen preferentemente o dominio .cat. A proposición tivo votos favorábeis do PSIB-PSOE, da Unión Mallorquina e do Bloque por Mallorca, os tres partidos que forman parte da coalición de goberno.
Na defensa da moción, o deputado de UM, Josep Melià, dixo que o dominio Puntcat favorece a identificación cultural de todos os que falan a lingua das Illas e que se trata doutro xeito de defender a pluralidade lingüística. O PSIB-PSOE dixo que o .cat debera ser adoptado polo goberno insular, porque o catalán é a lingua materna da meirande parte dos cidadáns das Illas; e o Bloque por Mallorca recalcou que o parlamento foi unha das primeiras institucións en adoptar este dominio.
Oposición do PP
Pola contra, o deputado do PP, José Simón Gornés, acusou aos partidos de goberno de tentar implantar a ideoloxía nacionalista dicindo que o Puntcat "é unha das vitorias máis grandes do nacionalismo pancatalanista".