Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
FÁLANO NOVE DE CADA DEZ PARAGUAIOS

Os "retos comúns" do galego e do guaraní

O movemento en defensa da lingua guaraní e a Mesa intercambian experiencias. Maioritarios ambos os dous idiomas en Galiza e en Paraguai, mais minorizados no ensino e noutros eidos.

Redacción - 19:40 19/11/2007

A Mesa pola Normalización Lingüística estableceu hoxe "retos comúns" entre o galego e a lingua guaraní, que se fala en Paraguai (entre outros países lantinoamericanos), xa que "comparten dificultades" a pesar da distancia xeográfica entre ambas.

En palabras do presidente da Mesa, Carlos Callón, que recibiu hoxe a representantes de movementos en defensa da lingua guaraní en Paraguai, "debemos dicirlle ao mundo" que tanto o galego como o guaraní "vanse a manter e son un vehículo útil de comunicación. "O mundo non só ten tres ou catro cores, é un mundo de diversidade", proclamou.

Falado por nove de cada dez paraguaios
O guaraní é unha lingua cooficial, xunto co español, en Paraguai e un 87 por cento da poboación coñécea e fálaa. O 37 por cento da poboación é monolingüe en guarní, un 50 por cento é bilingüe e tan só un 7 por cento é monolingüe en castelán. A pesar diso, "o Estado segue sendo monolingüe en español", recriminou a profesora do Ateneo da Lingua Guaraní e membro do Movemento Campesiño paraguaio, Perla Álvarez.

Pola súa banda, a directora da Licenciatura en Lingua Guaraní da Universidade Nacional de Asunción, Eva Mansfield, denunciou que, na actualidade, a educación bilingüe está en 'stand by', a pesar de que a lingua indíxena "foi legalizada en 1992, no proceso de transición democrática".

Neste sentido, recalcou a "necesidade" de que médicos e avogados coñezan o guaraní, debido á "alta porcentaxe de poboación monolingüe" neste idioma, á vez que revelou que se eliminou esta lingua da carreira de Medicamento".


5/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O 50% dos paraguaios é bilingüe, e só un 7% é monolingüe en castelán
O 50% dos paraguaios é bilingüe, e só un 7% é monolingüe en castelán