O dúo 6PM, que está a preparar o seu segundo álbum, cruza o Miño para ofrecer unha xeira de catro concertos en Porto, Aveiro, Guimaraes e Matosinhos entre o 23 e o 25 de novembro
6PM volve saír de Galiza e esta fin de semana visita Portugal, buscando repetir o éxito colleitado en Barcelos e Paredes de Coura, ou en Barcelona, no Primavera Sound. O dúo amosará o seu rock de vangarda, con inspiración jazzística e notable presenza da electrónica en catro concertos.
Serán en Porto (o venres 23 na FNAC, a partir das catro da tarde), Aveiro (o mesmo venres pola noite no Auditorio do Mercado Negro), Guimaraes (o sábado ás once da noite no Centro Cultural de Vila Flor) e Matosinhos (o domingo ás conco da tarde no FNAC norte). 6PM prepara nestes momentos o seu segundo álbum, que sucederá a Far from Perfect (2006).