Os que teñan saudades dos festivais do verán poderán alivialas en decembro. Os días 14 e 15 Porto acollerá o Paredes de Coura Club 2007, con Sons&Daughters, 1990s, ou Tunng.
Paredes de Coura hai algún tempo que se converteu nun referente entre os festivais musicais da península, despois de 15 edicións e cifras de asistencia por riba das sesenta mil persoas cada verán. Agora desdóbrase coa organización dunha versión invernal do festival, o Paredes de Coura Club 2007. Será en Porto os días 14 e 15 de decembro, e será baixo teito, no Teatro Sá da Bandeira.
Está xa confirmada a participación de Sons&Daughters, 1990s, Tunng, Black Strobe, e os New Young Pony Club Djs e DJ Jean Nippon. A entrada será de 15 euros para un día e 25 para todo o festival.