Ao Levante xa lle recoñeceu o Congreso Español aquela Copa de l'Espanya Lliure que gañou en 1937.
A garda civil entrando en l'Escorts, antigo campo do equipo (En agosto de 1936 mataron o presidente do Barça, Josep Sunyol)
Ao Levante xa lle recoñeceron este ano o título de campión legal da Copa de la República do 1937, a Copa de de l'Espanya Lliure; unha competición que Franco anulou e que moito despois se converteu na actual Copa do Rei. Agora só falta que lla recoñeza a Real Federación Española de Fútbol (RFEF), que até o de agora non deu nin un chío.
O Barça tamén pide a Liga Mediterránea
En plena Guerra Civil, seguíase xogando ao fútbol. No leste da península, na zona que aínda non caera ante o avance das tropas de Franco, xogábase a Liga Mediterránea, que era unha caste de liga republicana onde participaban, sobre todo, os equipos cataláns e do Levante, que non xogaban na liga española, do outro lado.
Os mellores equipos da desaparecida Liga do Mediterráneo de Fútbol xogaban a Copa de l'Espanya Lliure, con sede variábel entre Valencia e Cataluña. Esta foi a que gañou o Levante en 1937, mais o Barça gañou a liga ese mesmo ano, e agora comezou os trámites para pedir que lla recoñezan.
Polo recoñecemento dos campionatos republicanos
Aínda que naquela altura os cataláns gañaran a liga, foi o Levante quen os substituíu na Copa, xa que os azulgrana debían viaxar, nas mesmas datas, a México e os EUA, onde ían xogar varios partidos. Moitos dos xogadores non volveron da outra banda do Atlántico.