O arquitecto estadounidense subliñou que el é o “capitán do barco” pero que non ten a responsabilidade última.
O arquitecto Peter Eisenman fixo unha defensa do proxecto da Cidade da Cultura diante da comisión parlamentaria que investiga as obras. O estadounidense comparou a polémica arredor do Gaiás coa que no seu día houbo en Berlín co Monumento ao Holocausto, tamén da súa autoría. Para Einsenman, a Cidade da Cultura vai colocar a Galiza na “primeira liña mundial”
O deseñador da Cidade da Cultura afirmou que a súa responsabilidade é similar á dun capitán de barco, pero advertiu que foi e é a Xunta quen ten a última palabra. Einsenman dixo que o proxecto foi medrando nun “proceso creativo e de axuste de superficies” . O arquitecto cualificou de “clientes moi estritos” ao anterior conselleiro, Xesús Pérez Varela, e á actual, Ánxela Bugallo.