A semana pasada estiveron a piques de gañarlles ás venecianas do Beretta, finalmente quedaron a nada de estrear a Liga Europea cunha vitoria.
A semana pasada comezaba a FIBA Eurocup, e as xogadoras do Extrugasa non puideron gañar o primeiro partido contra o Beretta, en Venecia. A pesar de que andaron todo o tempo no remolque, estiveron a piques de comezar moi ben a liga, pero as italianas aproveitaron o seu bo arrinque e ao final venceron ás galegas por 67-62. As de Vilagarcía quedaron a nada da vitoria.
Agora teñen unha ocasión para o desquite. O Extrugasa Cortegada xoga esta quinta feira ás 20:30 horas contra as suízas do Sdent Sierre Basket, no Pavillón de Fontecarmoa.
A Galega non vai retransmitir o partido da reestrea do equipo na Eurocopa.
Outros partidos do Extrugasa no seu grupo (Grupo I):
O día 22 de novembro xogan na casa contra o BC Moscow.
O día 29 xogan a volta en Vilagarcía contra o Beretta.
O día 5 xogan a volta contras as suízas do Sdent Sierre Basket.
O día 13 xogan a volta contra o BC Moscow.