Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Para oficiais do cárcere de 'terroristas'

Práctico manual de consulta para a tortura en Guantánamo

Filtran na internet un documento inédito onde se explican os procedementos operativos militares que levan a cabo na base de detención estadounidense Camp Delta.

Redacción - 12:02 15/11/2007

Camp Delta Standard Operating Procedures (Protocolo de actuación en Camp Delta) é o título dun manual militar de 238 páxinas, sen clasificar, mais designado cun 'Só para uso oficial', que apareceu en Wikileaks (xa bloqueado), web dedicada a pendurar documentos confidenciais, segundo informa a revista Wired.

Trátase dun documento inédito no que se recollen as instrucións que deben seguir os soldados de EUA no centro de detención de sospeitosos de terrorismo de Guantánamo, aberto en 2002 e declarado ilegal polos organismos internacionais.

O manual, asinado polo xeneral Geoffrey Miller vinculado cos abusos do cárcere de Abu Ghraib, inclúe mapas do campo ou a lista de 'produtos de confort' que se lles pode dar aos reclusos, por exemplo papel hixiénico extra. Tamén explica como se debe tratar aos novos prisioneiros, como manipulalos psicoloxicamente ou como manexar as súas folgas de fame.

Hai tamén recomendacións para o uso de cans na intimidación a presos e unha clasificación de reclusos en función do acceso a eles que pode ter a Cruz Vermella: 'sen acceso', 'acceso visual', 'acceso restrinxido' (só preguntas cativas sobre a saúde do detido) e 'acceso sen restricións'.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: