Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O CN Pontevedra encabeza, polo de agora, a clasificación

Comezou a Liga Galega de Waterpolo

Agardando que o sábado que vén xoguen o CN Avilés e o CN Padrón, o de Pontevedra é o primeiro equipo líder da liga nacional.

Redacción - 13:17 13/11/2007
Partido do Pontevedra contra o Ourense

Partido do Pontevedra contra o Ourense

Xunto ao CN Pontevedra están tamén á fronte da clasificación o CW Santiago e o CN Marina Ferrol, que tamén gañaron a pasada fin de semana, na data en que comezaba a Liga Galega de Waterpolo Absoluta, na que compiten, ademais dos equipos xa sinalados, o CN Coruña, o CACWP, e CW Ourense, o CN Avilés e o CN Padrón.

Os resultados da 1ª xornada:
CN Coruña-C Marina: 9-11
CW Santiago-CACWP: 12-4
CW Ourense-CN Pontevedra: 13-22
CN Avilés-CN Padrón: aprazado até o 17 de novembro.

Clasificación xeral da Liga Nacional de Waterpolo:
CN Pontevedra: 3 puntos.
CW Santiago: 3 puntos.
C Marina Ferrol: 3 puntos.
CW Ourense: 0 puntos.
CN Coruña: 0 puntos.
CACWP: sen xogar aínda.
CN Avilés: sen xogar aínda.
CN Padrón: sen xogar aínda.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha imaxe dos compoñentes do CN Pontevedra que lidera (por primeira vez dende a tempada 2004-2005) provisionalmente a liga
Unha imaxe dos compoñentes do CN Pontevedra que lidera (por primeira vez dende a tempada 2004-2005) provisionalmente a liga