Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tarefas pendentes

Nunca Máis: "Outro Prestige é evitábel"

Maiores esforzos "preventivos", reforzo de medios operativos, novas medidas lexislativas, un servizo "público e galego" de salvamento marítimo... Son algúns dos desafíos necesarios segundo a Plataforma.

Redacción - 09:00 13/11/2007

"Pecan de euforia e triunfalismo", advirten esta semana desde a Plataforma Nunca Máis, no pronunciamento público con motivo do quinto cabodano do Prestige, recordándolles a Xunta e goberno español que as optimistas consideracións realizadas nos últimos días "non responden á realidade do actual estado de cousas". "Mentres existan tarefas pendentes que abordar nesta materia, carece de sentido dar unha visión da cousas que pode resultar confusa para a sociedade", afirman desde Nunca Máis.
A principal queixa da plataforma cidadá é o "alto risco" de que se produza un suceso similar nas nosas costas. "Existe unha ameaza latente para o noso mar que se concreta no paso anual de máis de 10 mil barcos con mercadorías perigosas fronte a Fisterra", indican. "Algúns, como foi o Prestige, son auténticas ameazas para os ecosistemas e para as poboacións", recolle o manifesto de Nunca Máis.
Fronte a eses agoiros, láiase o colectivo de que non existan "actuacións preventivas e medios de protección suficientes para facerlle fronte a unha situación de emerxencia marítima causada por un barco en mal estado ou accidentado ao seu paso polas nosas costas". Fronte a iso, algunhas prioridades: - Carecemos dun buque anti-contaminación con base en Galiza.
- Non dispoñemos de cobertura satelitaria para o Dispositivo de Separación do Tráfico Marítimo de Fisterra, nin de cobertura de radar plena do conxunto do litoral galego.
- Precisamos melloras na cobertura aérea das nosas costas, así como a corrección de deficiencias nas comunicacións marítimas.
- O Plan de Continxencias por contaminación mariña, aprobado hai un ano polo Goberno galego non veu acompañado de ningunha acción preventiva, do tipo dun simulacro de actuación. Son necesarios plans deste tipo por rías e por portos.
- Non existen centros de almacenamento operativos para facer fronte a unha emerxencia por contaminación mariña.
- Non está claro que estean determinados na costa galega ‘lugares refuxio' para situacións de emerxencia no mar.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: