Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DO 12 AO 15 DE NOVEMBRO

Brasil acolle o II Foro da ONU para internet

Representantes de gobernos, sector privado e organizacións non gobernamentais debaten en Río de Janeiro, fórmulas para "gobernar" a internet e combater crimes practicados na rede

Redacción - 19:35 12/11/2007

O Segundo Foro para a Xestión da Internet (IGF, polas súas siglas en inglés) reunirá ata o xoves a preto de 2.000 participantes duns 100 países para debater "A xestión da internet para o desenvolvemento".

Os participantes discutirán sobre cinco grandes temas ao redor da rede mundial de computadores: acceso, diversidade, apertura, seguridade e recursos críticos. Estes cinco temas inclúen asuntos como infraestrutura e conexións, papel dos gobernos para mellorar o acceso, promoción de contido local, diversidade cultural, promoción de todos os idiomas e acceso de grupos marxinados como indíxenas e deficientes.

No capítulo da seguridade serán debatidos temas como os crimes na rede e no de recursos críticos asuntos como a administración dos dominios e os protocolos, os servidores centrais, as normas técnicas e a interconexión. A reunión de Río de Janeiro non terá como obxectivo desenvolver un documento final senón promover un diálogo aberto entre os participantes sobre políticas públicas para a internet.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: