Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois da rifa da pasada fin de semana

Chávez pregunta se El-Rei coñecía o golpe de 2002 en Venezuela

"É moi difícil pensar que o embaixador español vai estar en palacio apoiando os golpistas sen autorización da súa Maxestade", ironizou o presidente venezolano.

Redacción - 09:00 12/11/2007

Hugo Chávez xa fixera un primeiro comentario sobre o polémico cruce de declaracións co monarca e máis co presidente español, apuntando que Juan Carlos de Borbón "é tan xefe de Estado coma min, coa diferencia de que eu son electo nas urnas até tres veces e con amplas maiorías".

"A pregunta que me fago é, e será bo que responda o rei de España, señor Rei, diga: sabía vostede do golpe de Estado contra Venezuela, contra o goberno democrático, lexítimo de Venezuela en 2002? É moi difícil pensar que o embaixador español vai estar en palacio apoiando os golpistas sen autorización da súa Maxestade". A afirmación era realizada por Chávez durante unha entrevista televisiva en Chile, despois do peche do Cumio Iberoamericano, onde brincaba ás primeiras planas o cruce de palabras do presidente venezolano co presidente español, José Luís Rodríguez Zapatero, e co propio Juan Carlos de Borbón.


4/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: