Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Catro barcos afundidos e outros catro danados

Vinte mariñeiros desaparecidos e toneladas de fuel vertido no Mar Negro

O temporal causa varios naufraxios en poucas horas de buques que transportaban, entre outros, petróleo e xofre. Agóirase unha catástrofe ecolóxica.

Redacción - 09:00 12/11/2007

O petroleiro ruso que navegaba no paso de Kerch, entre o Mar de Azov e o Mar Negro partiu cando navegaba con ventos de máis de 100 Km/h e ondas de cinco metros de alto. Outro petroleiro, rachou malia estar ancorado nun porto ucraíno, tamén debido ás malas condicións meteorolóxicas, e podería ter vertido até 4 mil toneladas de combustíbel.

Por outro lado, un cargueiro con bandeira de Xeorxia que transportaba chatarra, afundiu preto do porto de Sebastopol, e un equipo de rescate trata de atopar os 15 tripulantes desaparecidos. A cifra total de mariñeiros desaparecidos, con case unha decena de afundimentos en poucas horas, chegaría até as 23 persoas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: