O actual presidente distanciouse novamente do ex compañeiro no goberno Fraga, e criticou a Cultura por non informar antes desa presunta destrución de documentos.
Referíase o presidente do PpdeG á suposta compra de trituradoras de papel que, segundo o executivo actual, se realizou no treito final de Xesús Pérez Varela á fronte da Consellaría de Cultura, co presunto obxectivo de destruír grandes cantidades de documentación.
Alberte Núñez Feijoo falou dunha "dobre irresponsabilidade" da Xunta. En primeiro lugar por "ocultar" esa destrución de documentos durante dous anos e medio, cando na súa opinión o que tería que facer, se iso sucedeu, é "dalo a coñecer ás autoridades xudiciais, aos medios públicos e á sociedade galega". Por outro lado, criticou que a Xunta evite responder polo miúdo a cuestións como "o que vai custar a Cidade da Cultura".