Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cinco anos desde o afundimento do Prestige

Cando Galiza se "autodeterminou", en defensa da costa e da "verdade"

Redacción - 09:30 11/11/2007

Reflexionou o vicepresidente que aqueles días de novembro de 2002 abrollou unha "nova Galiza" que conseguiría rachar os tópicos de país "pasivo e desmobilizado". Un país que, segundo relatou Quintana, negou a visión "interesada e non real que se quixera impoñer historicamente de Galiza".

"Se algo cambiou no país dende hai cinco anos é a unanimidade dos galegos para expresar a súa responsabilidade cara á súa terra e o seu futuro", indicou durante a súa intervención no acto de homenaxe aos voluntarios que se achegaron ás costas a limpar o chapapote.

Na liña dese discurso, o vicepresidente explicou que con esa mesma inercia do "novo país" que quere incrementar os seus recursos, Galiza aspira a ter voz aló onde se toman "decisións determinantes para o futuro, para a protección da súa costa e dos seus mares". "A nova Galiza soubo converter a indignación en dignidade, a catástrofe nun desafío para medir as capacidades da súa sociedade, soubo cubrir o baleiro dos círculos de poder con responsabilidade", insistiu.

Recordou así Quintana o "esforzo, solidariedade e entrega" de veciños, xente do mar e milleiros de voluntarios que aqueles días se comprometeron en defensa do mar. Lembrou ademais o esforzo organizado arredor da plataforma Nunca Máis en protesta pola situación. Resumiu Anxo Quintana que "a maior catástrofe ecolóxica da historia de Galiza" servira xa que logo para "valorar a valentía dos galegos á hora de afrontaren os seus problemas".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: