Coa lectura dun Manifesto que se leu por toda Galiza no Día do Peón 2007, máis de 6000 escolares poñen a bailar os seus trompos a un tempo.
Esta sexta feira é o Día do Peón en Galiza. A data escolleuna Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional, para a celebración da terceira edición do Día do Peón. A estacionalidade deste xogo vén marcada na fraseoloxía galega por dous refráns tales como Polo San Martiño, peóns ao camiño e Polo Santo Amaro, peóns ao faiado, substituíndo a palabra "Peón" nalgúns lugares por "Pión" ou "Trompo". Tamén hai outros refráns como, Pola Santa Olaia, peóns á borralla.
Dende Brinquedia din que a grande resposta de entidades e centros escolares galegos nas pasadas edicións, (chegando aos máis de 4 milleiros de participantes o ano pasado), "debe facernos reflexionar sobre as potencialidades deste pequeno brinquedo, que con un rico contido oral apegado á nosa cultura nos proxecta dentro do ludismo universal".
O peón, trompo, buxaina... E segue
Tamén coñecido como trompo, buxaina, pión, trompa, sevillana... este xogo está feito en madeira torneada; con un cravo de ferro na súa punta (ferrón) e un anaco de madeira redondo que sobresae na parte superior (o pirucho).
Mentres o bailaban, os nenos, nenas, vellos e novos... leron o manifesto, creado polos bailadores de peóns e por Brinquedia, que abaixo vos facilitamos.