Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Vieiros do Mar

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Vieiros do Mar
Coñece o patrimonio marítimo e fluvial galego

O documental 'Un mar de velas' lembra os encontros de Ferrol

O filme será estreado esta sábado na Galega e pode axudar a coñecer todo o relativo á cultura do mar no noso país.

Redacción - 12:01 08/11/2007
O documental pon en valor a patrimonio marítimo e fluvial galego

O documental pon en valor a patrimonio marítimo e fluvial galego

O documental recolle todo o acontecido no VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais, que se desenvolveu en Ferrol este verán, mais tamén hai nel o traballo de centos de anos das persoas do mar e da xente de agora que traballa pola recuperación do patrimonio marítimo e fluvial galego.

O documental Un mar de velas será estreado este sábado 10 na Galega, e, segundo Pemón Bouzas, director do filme, o filme "é o produto das inquedanzas tanto da Dirección Xeral para o Deporte coma da TVG sobre a defensa e protección do patrimonio marítimo e fluvial galego".

Ademais de dedicarlle un tempo ao encontro de Ferrol, o filme fai un percorrido polas distintas asociacións, fala cos mariñeiros, cos historiadores... para coñecer a toda a xente que leva anos traballando para conseguir que o patrimonio marítimo e fluvial galego sexa posto en valor.

A presentación do filme
No acto de presentación estiveron presentes a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, o director de programas da Galega, Eduardo Galán, o presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), Fernando Piñeiro, e o director do documental, Pemón Bouzas.

Marta Souto felicitou á Galega e aos responsábeis do documental polo bo traballo realizado e lembrou o convenio de colaboración asinado coa FGCMF, a través do proxecto Nabeira, que terá o seu momento de gloria coa presenza de Galiza como invitada de honra na Feira Marítima Internacional de Brest (Bretaña), en xullo do ano que vén.

Marta Souto asegurou, ao terminar a conferencia de prensa, que "Galiza vai estar representada alí coa nosa cultura, a nosa música, a nosa gastronomía, as nosas embarcacións tradicionais... É un xeito de proxección internacional da cultura marítimo e fluvial galega".


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O Nueva Sofía e outros barcos fondeando nos pantaláns do porto de Curuxeiras, en Ferrol
O Nueva Sofía e outros barcos fondeando nos pantaláns do porto de Curuxeiras, en Ferrol
Unha imaxe da presentación, con Fernando Piñeiro, Marta Souto, Eduardo Galán e Pemón Bouzas (de esquerda a dereita)
Unha imaxe da presentación, con Fernando Piñeiro, Marta Souto, Eduardo Galán e Pemón Bouzas (de esquerda a dereita)