Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ismael Rego, na comisión do Gaiás

"Non poñemos en cuestión o proxecto, senón a xestión que del se fixo"

O voceiro parlamentario do PSdeG apúxolle a Fraga a súa falta de colaboración coa comisión, fronte á que "non deu apenas respostas".

Redacción - 15:00 07/11/2007

"Nós denunciamos durante moito tempo o escurantismo cun proxecto tan importante, sobre o que vostedes se negaron unha e outra vez a dar información no Parlamento e agora vén aquí e dinos que vostede non o seguiu moi de preto?", criticou Ismael Rego na súa quenda diante da comisión de investigación despois da intervención de Manuel Fraga.

"Estou seguro de que vostede non pode estar satisfeito de moitas das cuestións que recolle o informe do Consello de Contas", dixo Rego. O deputado socialista acusou a Fraga de permitir botar adiante o proxecto "e despois xa se decidiría sobre o que se metía dentro". Ao fío, Ismael Rego felicitouse porque "agora haxa un Goberno que traballa para darlle utilidade e sentido, convertíndoo en proxecto de país e de Estado".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: