Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FÚTBOL INTERNACIONAL EN BALAÍDOS

Galiza-Camerún, aposta confirmada

No mediodía desta cuarta feira confirmarase oficialmente que a nosa próxima selección rival será a camerunesa.

Redacción - 09:45 07/11/2007

Aínda que dende un primeiro momento era o combinado que case tiña todos os boletos e así llo adiantabamos. As negociacións fóronse alongando porque a Dirección Xeral para o Deporte quería asegurar a presenza no partido dos xogadores máis destacados da selección africana.

Finalmente, no mediodía da cuarta feira a directora xeral, Marta Souto, e o presidente da Federación Galega de Fútbol, darán oficialmente o nome do combinado que se enfrontará a Galiza.

O que non se sabe con certeza é que xogadores van estar no equipo rival. Está confirmada a data do partido, que será o 27 de decembro en Balaídos.


Ligazóns

5/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A selección galega de fútbol enfrontarase a Camerún o 27 de decembro en Balaídos
A selección galega de fútbol enfrontarase a Camerún o 27 de decembro en Balaídos
A selección camerunesa ten xogadores da talla de Samuel Eto'o
A selección camerunesa ten xogadores da talla de Samuel Eto'o