Ao tempo que a propia Fiscalía pide a súa absolución, en Galiza o Encontro Irmandiño acusa de motivacións políticas aos xuíces que abriron o proceso.
Na mañá da segunda feira a Fiscalía presentaba un recurso contra a decisión del Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSJPB) de xulgar a Ibarretxe, así como aos dirixentes socialistas Patxi López e Rodolfo Ares, por se reuniren con dirixentes de Batasuna, após a súa ilegalización.
A fiscalía di que as xuntanzas que se fixeron durante o alto ao fogo de ETA e, polo tanto, non son delito. Neste sentido, a fiscalía tamén pediu a absolución dos cinco membros de Batasuna que participaron nas conversas: Arnaldo Otegi, Pernando Barrena, Juan José Petrikorena, Rufino Etxebarria e Olatz Dañobeitia.
O ministerio fiscal tamén pediu o arquivo da causa porque considera que non chega coa acusación popular, neste caso da Asociación Dignidad y Justicia e Foro de Ermua, para abrir un xuízo oral. De todos os xeitos o TSJPB desestimou a petición, argumentando que a xurisprudencia estabelece que o exercicio da acción popular ten a mesma facultade que a do ministerio fiscal.
Petición do Encontro Irmandiño
Despois de que O Tribunal Superior de Xustiza de País Vasco chamase ao Lehendakari Ibarretxe a declarar como suposto cómplice dun delito de colaboración en actos de enaltecemento da violencia, os comunicados de rexeitamento do feito fóronse sucedendo.
Esta semana o Encontro Irmandiño expresaba o seu "rexeitamento absoluto, nidio e rotundo" ao procesamento de Ibarretxe, considerando a actuación do tribunal español "un proceso de intrusismo político" contra "o exercicio en liberdade das competencias de diálogo do Lehendakari".