Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
NOVA DATA PARA A CONFERENCIA NA UB: 13 DE NOVEMBRO

O investigador australiano Stewart King fala sobre identidade e novela negra galega

Analizará as cuestións de identidade nacional nun dos libros máis lidos da literatura galega, "Crime en Compostela" de Carlos Reigosa.

Redacción - 20:00 07/11/2007

Por un imprevisto, a organización comunica que se adía e a conferencia de Stewart King prevista para o xoves 8. O acto será o martes 13 de novembro ás 19.30 h.

Na súa intervención vai analizar as cuestións de identidade que se atopan no xénero da novela negra e, en particular, a identidade nacional nun dos libros máis lidos da literatura galega, Crime en Compostela, de Carlos Reigosa.

Stewart King, profesor de Estudos Españois e Cataláns na Universidade de Monash, Australia. As súas investigacións céntranse en cuestións da identidade cultural e o xénero na narrativa contemporánea, en particular na novela negra. Coordinou o monográfico Beyond the Periphery: Narratives of Identity in the Basque Country, Catalonia and Galicia da revista Antípodas (2007). O seu último libro é: Violence and Masculinity in Spain and Latin America.

Conferencia de Stewart King: "Investigando a identidade galega na novela negra"

Xoves 13 de novembro de 2007 ás 19:30
Edificio Josep Carner, Aula 3.2
Filoloxías Galega e Portuguesa, Universidade de Barcelona
c/ Aribau 2 - 08007 Barcelona


2,6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: